Que libro de libros! (parte 1)
Que lio de libros! (parte 2)
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
23/03/18
12/03/18
SEMANA DA PRENSA - VISITA DE IVÁN DÍAZ ROLLE
Na Semana da Prensa tivemos a visita dun antigo alumno do colexio, Iván Díaz Rolle que rematou os estudos de Xornalismo en Valladolid.
Iván fíxo unha pequena introdución ao papel do xornalista, como busca as novas, a que fontes recurre, as 5 W, e despois centrou a súa charla na Rolda de Prensa.
Como Iván traballou nun xornal como xornalista deportivo deunos unha grata sorpresa... a visita de Lara Balseiro, xogadora de fútbol sala feminino no equipo do Burela FS.
Con ela practicamos a rolda de prensa e os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixéronlle unha morea de preguntas sobre a súa carreira deportiva, entrenamentos, compañeiras, equipos, proxectos de futuro...
Tendo en conta que foi tamén o Día da Muller Traballadora Lara falou do papel da muller nun deporte típicamente masculino.

01/03/18
CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO CENTRO
Relacionado co proxecto da nosa biblioteca " Aprender a pensar", todos os cursos investigaron sobre mulleres pensadoras, filósofas, ...e elaboraron traballos sobre: María Montessori, Gloria Fuertes, Ada Lovelace, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Victoria Kent e María Zambrano. Con todos fixemos un gran mural.
Nas aulas fixemos un pequeno repaso da figura literaria de Rosalía e recitamos e escoitamos algunhas das súas poesías.
Tamén participamos na proposta colectiva #AbrideAFiestra da asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega decorando as fiestras cos traballos elaborados.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)