25/11/22

25 N

25N: Día Internacional da eliminación da violencia de xénero

Para conmemorar esta data, o alumnado de 5º e 6º, dentro das actividades do contexto lingüístico, fixeron un vídeo representando diferentes situacións onde a violencia de xénero aparece explícita. O vídeo foi proxectado en tódalas aulas do centro, co fin de concienciar ao noso alumnado da importancia de erradicar este tipo de situacións.



23/11/22

CHARLA SOGAMA

 FORMACIÓN SOGAMA: O CONTEDOR MARRÓN

Este mércores, o alumnado de Primaria, recibiu unha pequena formación sobre a futura planta de biorresiduos de Cervo (Lugo). Baixo o lema “O Marrón, o contedor que da vida”, o obxectivo deste programa formativo foi avanzar á comunidade educativa os pormenores do contedor que poderán ver nas rúas e que se destinará únicamente a recoller a materia orgánica contida nos residuos municipais para propiciar a súa posterior transformación en compost. Tamén nos lembraron a importancia de aplicar na vida cotiá o principio das tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) tan presentes no noso proxecto educativo! 🔄








18/11/22

Mes da ciencia

Mes da ciencia en galego

Este mes, conmemórase o mes da ciencia en galego, nas bibliotecas. No noso cole, tanto en infantil coma en primaria, utilizamos moito as ciencias a través das novas tecnoloxías: mesa de luz, pizarras dixitais, tablets, robótica,...











PLAN DIRECTOR

Hoxe, o alumnado de 6º de E.P., recibiu unha charla sobre o acoso escolar, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna en colaboración coa Policía e a Garda Civil. 






13/11/22

Magosto

MAGOSTO 2022 🌰🍁🍂

O venres 11 celebramos no cole o Magosto e os xogos populares 👏👏👏👏

Durante a semana puxemos polos corredores as castañas que levamos para decorar na casa en familia 😍😍😍





Comezamos a celebración do Magosto co que máis nos gusta facer: cantar e bailar. Nesta ocasión a canción "Vive o Magosto":

Continuamos cos xogos populares: 

En infantil fixeron xogos tan divertidos como o pase misí, o escondite inglés, os zancos, a pita cega e os perindolos.












En Primaria fixéronse equipos multinivel, de 1° a 6° e ían rotando polos seguintes xogos: zancos, chapas, 3 en línea, salto á corda, pita cega, 4 esquinas e pase misí: 












E despois de tanto bailar e xogar, chegou o momento de comer as castañas, pero que ricas! 🌰😋👏













E máis fotiños do noso Magosto! 😍🌰🍁🍂