23/04/26

Carapuchiña vermella - 3º de primaria

Con motivo do día do libro, o alumnado de terceiro de Primaria levou a cabo unha pequena obra de teatro baseada no conto tradicional da Carapuchiña Vermella, mais cunha versión diferente e moi especial. Ao longo da representación, os nenos e nenas deron vida aos  personaxes do conto, interpretándoos dunha forma orixinal e sorprendente que non deixou indiferente ao público!

Esta actividade foi representada tanto para o alumnado do centro como para as familias dos protagonistas, que puideron gozar do traballo realizado e da ilusión dos nenos e nenas!

Cómpre destacar que este conto está adaptado con pictogramas a través do programa Escolas Visuais, o que contribúe a facelo máis accesible e inclusivo para todo o alumnado.

Vaia espectáculo! 







A ra pirata - Día do libro 2026

Para conmemorar o Día do Libro, o departamento de orientación creou unha adaptación do conto con Pictogramas de "Escuelas Visuales" A ra pirata. Noraboa por este traballazo!



Feliz día do Libro! 📚



07/04/26

Obradoiro lettering 4º primaria

 Hoxe, día 7 de abril, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria desfrutaron dun obradoiro de lettering organizado polo equipo da biblio. Grazas a Nacu, o alumnado achegouse ao mundo das letras dun xeito creativo. Ao longo da sesión, practicamos diferentes tipos de trazos e letras e experimentamos coa escritura artística. 








RUTA COVASMOLA

Despedimos o segundo trimestre cunha ruta pola contorna onde participou toda a comunidade educativa: alumnado, familias e mestr@s. Qué ben o pasamos!