28/09/26

Visita á Granxa Holstein - Barreiros

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizou hoxe unha visita á Granxa Holstein, en Barreiros, grazas á colaboración e organización da ANPA do centro.

Durante a visita, tivemos a oportunidade de coñecer de preto o funcionamento dunha explotación gandeira e todo o proceso relacionado coa produción de leite. Puidemos observar as vacas, coñecer como se realiza a obtención do leite e descubrir as diferentes etapas que forman parte da elaboración do queixo.

Agradecemos á ANPA a súa colaboración e implicación nesta actividade, que nos permitiu gozar dunha xornada de aprendizaxe, descubrimento e diversión!