BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
27/05/20
A MICRORREDE DA MARIÑA ESTE ANO QUEDA NA CASA
Por mor da situación que estamos a vivir, o proxecto da Microrrede
"Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo"
queda aplazado para o vindeiro curso
Este curso, o que si se fixo foi:
- Editar un vídeo onde:
- as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas
- e fan un repaso das oito edicións anteriores
17/05/20
A VAIXE DO PRINCIPIÑPO ( PROGRAMA DE RADIO) DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Trátase dunha viaxe por varios planetas nos que viven algúns mestr@s do noso colexio
ESTA VIAXE VAI ADICADA AOS NENOS E NENAS DO COLE!
Preme en reproducir para escoitar
ESTA VIAXE VAI ADICADA AOS NENOS E NENAS DO COLE!
Preme en reproducir para escoitar
12/05/20
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída
no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do
libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e
homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
Este ano o homenaxeado é:
Ricardo Carvalho Calero
Se queredes xogar un pouco e de paso coñecer ao persoeiro homenaxeado aquí tedes uns recursos e actividades moi interesantes:
O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO (Para os maiores)
"Escape Room" de Alba Carril ( CPI de Vedra) e Ana Sánchez ( CEIP Arquitecto Casas Novoa)
Seredes capaces de atopar as cifras da clave que abre o maletín coa recompensa final. SORTE!
RICARDO CARVALHO CALERO (Para os pequenos)
Xogo de Alba Carril
Anímaste a resolver os retos?
SEIMARIO GALÉN:
Podes escoller entre traballos para imprimir ( no libro verde), actividades en liña( libro azul) e un albúm de fotos ( libro vermello)
PRIMAVERA DAS LETRAS
A Real Academia Galega ofrece material lúdico e didáctico.
Actividades interactivas e fichas descargables para xogar e aprender.
AS PITAS BAIXO A CHOVIA
Conto, música e unidade didáctica da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
PREGUNTOIRO MUSICAL De José Manuel López Cabana.
UNIDADE DIDÁCTICA DA ASOCIACIÓN GALEGA DA LINGUA
CALENDARIO LETRAS GALEGAS INFANTIL Do CEIP Eusebio da Guarda
11/05/20
10/05/20
09/05/20
08/05/20
06/05/20
03/05/20
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)