04/03/26

DÍA DE ROSALÍA - 3º PRIMARIA

No marco da celebración do Día de Rosalía, presentamos o proxecto realizado polo alumnado de 3º de Educación Primaria.

Para levar a cabo este traballo, os nenos e nenas realizaron previamente unha pequena investigación sobre quen era Rosalía de Castro e cales son algunhas das súas obras máis importantes. A partir desta información, elaboraron diferentes producións nas que recolleron os datos máis relevantes e ilustraron as súas obras, achegándose así á figura da autora.

Ademais, tamén afondaron nun dos elementos máis simbólicos: o caldo de gloria, receita tradicional galega inspirada nun dos seus poemas. 

Noraboa chic@s e profe por este traballazo!




02/03/26

Podcast intercentros: PETISCOS DE GALICIA

O proxecto Petiscos de Galicia deu comezo! Trátase dun podcast intercentros sobre a gastronomía galega no que participou o alumnado de 4º de Educación Primaria, investigando e traballando sobre receitas tradicionais de distintas zonas de Galicia.

No noso caso, decidimos escoller como receita da nosa contorna o pan dos Apóstolos, un doce tradicional moi ligado á Semana Santa de Viveiro. O alumnado investigou sobre a súa orixe, os ingredientes necesarios para a súa elaboración e a importancia desta receita dentro da nosa tradición gastronómica. A partir desta investigación, prepararon e gravaron o seu propio podcast en galego, compartindo todo o aprendido.

Este proxecto permitiunos traballar a expresión oral, a investigación e o coñecemento da nosa cultura e tradicións gastronómicas, ao mesmo tempo que colaboramos con outros centros educativos.

Moi pronto poderemos escoitar o resultado final deste podcast colaborativo, no que participan diferentes centros, e tamén coñecer a versión escrita das receitas nun libro conxunto creado entre todos os participantes do proxecto. Unha maneira moi saborosa de aprender e compartir cultura galega!









LIGAZÓN AO PODCAST: https://go.ivoox.com/rf/169330444