BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
31/05/13
EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DA ACTIVIDADE "PRIMAVERA DE POEMAS"
Dende o día 13 ao 16 de maio estiveron expostos todos os traballos feitos polas familias dos nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña.
Todos os días houbo algunha actuación tanto dos alumnos/as como de profesoras.
Esta actividade chamada "Apadriña unha poesía" é un proxecto conxunto entre os centros da zona: CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove), CEIP de Cervo, CEP Lois Tobío, IES Vilar Ponte, IES María Sarmiento, CEIP Pedrosa Latas, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, EEI San Roque e o CEIP Plurilingüe de Covas.
Agradecemos a todas as familias que participaron, profesorado e aos nenos e nenas que fixeron traballos moi orixinais.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario