23/06/22

ROMARÍA COVASMOLA

Para rematar o curso, celebramos a I Romaría Covasmola. Cada clase encargouse de preparar un xogo co seu cartel para a romaría. Deste xeito tíñamos 9 xogos en 9 estacións polas cales ía pasando cada grupo aula para facer os diferentes xogos:

- Pesca:



- Tirar os birlos/latas/vasos:




- Encestar bolas nas latas/insertar aros/meter gol:






- Bingo musical:




- Abrazabolas: carreira de pelotas entre dous sen mans:




- Pezas para formar figuras:


- Circuito:






- Photocall:






- Tiro ao branco/diana:




E non podía faltar a comida e a bebida na nosa romaría, así que contamos co noso propio "botiquín" con zume de laranxa natural e empanada de xamón e queixo. Que rico!!!!! 😋😋😋






Rematamos a nosa romaría cantando e bailando con Paco Nogueiras e o seu "Brinca Vai".

Que boa forma de rematar o curso!!! Pasámolo bárbaro na nosa romaría!!!! 👏💃😍

BO VERÁN!!!  😎🌞😘







22/06/22

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Dende o Departamento de Orientación, achégannos unhas recomendacións moi divertidas e sinxelas para facer durante o verán. Grazas!!!! 😎🌞


21/06/22

SAÍDA Á PRAIA DE COVAS

O martes 21 fixemos unha saída á nosa praia de Covas, con un montón de actividades, baseadas no noso PDI Covasmola:

- Recollimos lixo.

- Fixemos unha creación artística por grupos.

- Debuxamos a nosa creación.

- Merendamos.

- Tiramos da corda e fixemos castelos na area.

Qué ben o pasamos!!!! 😍👏







20/06/22

DÍA DA MOBILIDADE NO COLE

O luns 20, a piques de rematar o cole, celebramos o día da mobilidade. O alumnado trouxeron os seus vehículos ao cole e utilizaron tamén os dos patios inclusivos. Fixeron diferentes circuitos polo patio. Pasárono xenial e aprenderon que podemos vir ao cole de forma sustentable!!!! 🚴🚲







17/06/22

LECTURAS DE VERÁN: LECTURA E FAMILIAS

Para rematar o curso, as familias viñeron ás aulas a ler contos á clase dos seus fillos/as, dentro do programa Lectura e familias da nosa biblio.

Canto nos tardaba ver ás familias nas nosas aulas!!!! 😄😄😄