21/03/14

SEMANA DA PRENSA- HERALDO DE VIVEIRO

Comezamos a Semana da Prensa no colexio coa visita de Juan Carlos Neira, director do xornal "El Heraldo de Vivero", o único xornal que se publica no noso concello. Asistimos as clases de 2º e 3º ciclo. Juan Carlos contounos moitas cousas relativas ao proceso de elaboración dos xornais: o papel empregado, as máquinas, tipos de xornais, de noticias e seccións... Relatounos anécdotas e as noticias máis importantes que publicou no Heraldo que dirixe: a aterraxe na praia de Covas de dous avións, a saída do Titanic en 1912, o descubremento dos restos do naufraxio do bergantín Palomo e a fragata Magdalena... Tamén nos falou do papel tan importante dos xornalistas á hora de coñecer o que acontece no mundo e que todos nós somos un pouco xornalistas porque contamos aos demais as cousas que pasan. Durante a semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa. Os nenos e nenas de Infantil limos os xornais e elaboramos unha noticia. Tamén en 3º elaboramos noticias despois de ler os xornais. Na clase de plástica reciclamos xornais vellos e fixemos cadros, perrucas, gorros... Tivemos expostos na biblioteca os xornais do centro "O Charlatán de Covas" , exemplares do xornal "Heraldo de Vivero" , xornais deportivos, suplementos...