26/05/19

OS MAIOS

     
     O día 23 os nenos e nenas de 1º,2º e 3º participaron nun obradoiro para a elaboración do Maio que impartiron integrantes de Asociación Campo de Urraca.
    O día 24 participamos na campaña dos Maios, organizada polo Centro Comercial Histórico de Viveiro e o Concello en colaboración cos colexios: CEP Loís Tobío, EEI San Roque, CEIP Landro e máis o noso. A intención era traballar na recuperación da festa dos Maios que co paso dos anos foi perdendo valor.         
     Xuntámonos na Praza Maior onde cantamos e bailamos aos Maios e fixemos un pequeno percorrido por algunhas das rúas de Viveiro para rematar de novo na Praza Maior donde o Centro Comercial Histórico convidounos a un pequeno refrixerio. 
     Agradecemos ao Centro Comercial Histórico de Viveiro e ao Concello darnos a oportunidade de seguir conservando as nosas tradicións e damos as grazas aos intrgrantes da Asociación Campo de Urraca por aconpañarnos nesta celebración.
ensinando a elaborar o Maio

17/05/19

O CHARLATAN DE COVAS

O CHARLATÁN DE COVAS 

Xa está nos fogares o xornal deste ano.
 

Portada: Aitana de 6º
Contraportada: María de 5º
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración

LETRAS GALEGAS CANTARES DE CEGO

   
 Dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" escollemos catro temas, que xeraron catro CANTARES DE CEGO e catro localizacións emblemáticas donde se gravaron os videos:
  • O Naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo, na praia de Covas (alumnado de infantil)
  • Un monumento, na Porta de Carlos V ( 1º e 2º de Primaria); 
  • A lenda do dragón de Piago, no paseo de río Landro ( 3º e 4º de Primaria) e
  • Nicomedes Pastor Díaz na Praza Pastor Díaz (alumnado de 5º e 6º de primaria).
      Traballamos cada un dos temas nas aulas e creamos as cantigas e os seus correspondentes pergamiños .



Naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019 from M Socorro Giz García on Vimeo.


A Porta de Carlos V. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019 from soco on Vimeo.


A lenda do Dragón de Piago. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019. from Leyla López on Vimeo.


Nicomedes Pastor Díaz. CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro). Letras Galegas 2019. from MS Giz on Vimeo.

05/05/19

DESCUBRINO VIVEIRO - EXPOSICIÓN FOTOS-



VIDEO


                                                 Proxecto "Descubrindo Viveiro".
Xa temos o video da Exposición de fotos de Viveiro aportadas polas familias . Acompañamos as fotos coa canción "Catro vellos mariñeiros" típica de Viveiro e cantada polos nenos e nenas do colexio.
Vendo estas fotos os nenos e nenas  poden facerse unha idea do cambio do noso pobo dende os anos 50 do século pasado ata a actualidade.


Queremos agradecer as familias a súa colaboración.
A exposición pode verse na entrada do colexio.
Non deixedes de visitala!

UN XANTAR DE VERSOS - MICRORREDE


Este proxecto colaborativo de centros educativos que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) veuse incrementado este curso con dous novos centros (a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo e o CEIP Fondo Nois de Foz). 

O proxecto leva por  título
A POESÍA QUE SENTIMOS.
Nós   imos traballar sobre o sentido do gusto e titulámolo
UN XANTAR DE VERSOS.
Enviamos unha carta a cada familia explicando en que consiste o proxecto e pedimos a súa colaboración.

Saborearemos os versos inéditos ou copiados polas familias nun gran xantar de poemas.