30/01/24

DÍA DA PAZ

Para celebrar hoxe o Día da Paz, fixemos un montón de actividades no noso cole!!! 💖💖

Inauguramos no patio o "Banco da amizade": un banco colorido no que se pode sentar calquera neno/a que non teña con quen xogar e se sinta só/soa durante o recreo. Os compañeiros/as que o/a vexan sentado/a poden achegarse e preguntar se quere xogar con eles/elas. Este banco foi previamente decorado por todo a alumnado do cole, que deixaron nel a súa pegada. 😍 



















Na entrada do cole, colocamos o "Muro da Paz": pedimos a colaboración das familias para que deixaran as súas mensaxes de paz.










Tamén penduramos unha bandeira branca, onde estaba a nosa mascota da biblio, o noso Lolo, uníndonos así á proposta da Microrrede de Bibliotecas da Mariña.

En infantil están a traballar o poxecto dos Océanos e, seguindo esta temática, elaboraron un precioso mural da paz nun dos seus recantos: 

Nas aulas tamén traballaron a temática da paz:

- Xerogíficos da paz:





- "Botellas pola paz".


24/01/24

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Hoxe, o alumnado de 3º de E.P., recibiu unha visita moi especial: unha cadeliña chamada Vilma!!! Con ela, a súa dona e terapeuta Rosa e dous usuarios de ASPANANE, aprenderon un pouquiño da Lingua de Signos e viron como os animais adestrados coma Vilma, poden servir de apoio terapéutico.

Grazas Vilma por deixarte acariñar tanto e grazas a Rosa e a ASPANANE por compartir esta experiencia con nós!!! 🐕😍














17/01/24

OBRADOIRO DE AUGAS DE GALICIA

 Hoxe, o alumnado de 5° e 6° de EP, asistiron a un obradoiro impartido por Augas de Galicia onde aprenderon sobre as inundacións, as súas consecuencias e a importancia de coidar os nosos ríos e o seu entorno.