29/04/22

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

27 DE ABRIL

O día 27 celebramos O Día da Educación Física na rúa, baixo o lema "Sostendo a saúde e o planeta". Tivemos a visita do Clube Ciclista de Viveiro que nos ofreceu unhas clases teóricas e prácticas. Pasámolo xenial!!! 🚴🚴🚴 



















 




 LECTURA E FAMILIAS DE ABRIL: 

CO-CREACIÓN

 CON LUCAS REQUEJO











25/04/22

ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS

Para conmemorar o Día da muller e da nena na ciencia (11 de febreiro), a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, convocou a iniciativa "Atrévete a pescudar con elas":


Pois ben, o alumnado de 1º de Primaria presentou o seu vídeo facendo preguntas ás científicas e foron seleccionad@s para visitar o Parque Tecnolóxico da Universidade en Ferrol e así coñecer de preto o seu traballo! 👏🔬😀



Aquí tedes a resposta das científicas: 😍😍





 

22/04/22

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro (22/04/2022), o alumnado de Educación Infantil fixeron uns marcapáxinas de superheroes moi chulos:




Dende o Departamento de Orientación, recrearon diferentes emocións empregando a luz negra, a partir da lectura do libro "Qué bigotes me pasa":





19/04/22

MERCADO DE PRIMAVERA

Para rematar o segundo trimestre, celebramos o "Mercado de primavera". O día antes, uns axudantes moi especiales foron ao supermercado, lista da compra en man, para ter todo preparado, por suposto, todo san!!! 🍅🍓🍏🍊🍌





O último día do trimestre celebramos o tan esperado "Mercado de primavera" 🌸🌺🌼
Dende o 7 de marzo ata o 7 de maio, fomos gañando a nosa moeda "Covasmola" cumplindo os almorzos saudables, vir ao cole andando ou sobre rodas (bici, patíns, patinete,...) e usando recipientes reutilizables.





Nunha parte do mercado mercamos o necesario para facer unha merenda saludable e noutra parte obxectos como lápices, chapas, pulseiras de Covasmola, libros da biblio, cepillos de dentes de madeira, muíños de vento feitos polo alumnado...
Pasámolo xenial no "Mercado Covasmola" 👏😍🌸🌹🌺🌼













05/04/22

 LECTURA E FAMILIAS MARZO: FAMILIAS XENIAIS

Durante o mes de marzo, dende a biblioteca, propuxéronse uns talleres ás familias para que coñeceran a ferramenta Genially e puideran traballar con ela, aproveitando que este curso o noso cole é un cole Genially!

Aprendimos un montón de cousas que podemos facer con Genially! 👏👏👏














04/04/22

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO, 2 DE ABRIL


Para conmemorar o Día Mundial da concienciación sobre o autismo, o alumnado visualizou o conto: "El sorprendente mundo de Puzzlita" e, a partir de ahí, fixeron as súas capas de superheroes e superheroínas co seu superpoder!!! 🧩🧩🧩