No ano 2015, a ONU
estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan
as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A
finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na
ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade
de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS, incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a
paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. Visitas de científicas,
seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación ...
son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos,
creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
- ONU Mulleres
- 11 de febreiro org
- Maletas viaxeiras: Ciencias Primaria, Ciencias Secundaria, Biblioteca Creativa
- Pinterest Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares
- Pinterest Biblioteca creativa
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): A oca das científicas
Ningún comentario:
Publicar un comentario