Dentro das actividades do noso proxecto COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA contamos coa visita de Diana e David,autores do libro:
COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
libro de receitas para cociñar cos nenos e nenas.
Diana foi alumna do noso centro e foi un auténtico pracer tela de novo con nós. Ademais viñeron acompañados de Xiao, o seu pequeno.
Durante o obradoiro mostráronnos videos de elaboración de receitas (unha brocopizza deliciosa e unha lambetada de froitas), contaron un conto que escondía os ingredientes para elaborar un biscoito no microonda e fixeron xogos cos ollos pechados para que os nenos descubriran sabores de alimentos
Para ver o seu blogue cheíño de videos moi moi doados de facer... PINCHA AQUÍ!
Ningún comentario:
Publicar un comentario