O alumnado de 5º de primaria, que participou na SEMANA STEM, realizou na biblioteca do centro, unha presentación das actividades que levaron a cabo durante a súa estancia nos Peares.Faláronnos de catro obradoiros:
-PEGADA ECOLÓXICA
-MICRO-BITS
-ROBÓTICA
-MAKEYMAKEY
Os seus compañeiros de primaria seguiron con moito interese as súas explicacións .
Ademais realizaron un experimento en directo comparando a contaminación das fábricas coa contaminación dos seres vivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario