16 nenos e nenas de 5º de primaria participaron na semana STEM (CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENIERÍA E MATEMÁTICAS) que tivo lugar en Os Peares (Ourense).
A Semana STEM
forma parte do conxunto de accións da Estratexia para a educación
dixital (Edudixital 2020) da Xunta. "O obxectivo é fomentar o
espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego, coñecementos
necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro".
Os alumnos/as aprenderon robótica, programación, ciencia, ecoloxía, efecto invernadoiro... disfrutaron dun entorno fascinante e viñeron cargados de experiencias vividas con compañeiros doutros colexios así como de novos amigos/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario