17/12/19

MERCADILLO SOLIDARIO - BANCO DE ALIMENTOS


      Os alumnos/as de 6º de primaria foron de visita ao MERCADILLO SOLIDARIO na Residencia de Maiores DOMUSVI.

      Xa fai varios anos que o colexio colabora con esta entidade. Os nenos e nenas do centro realizan diferentes traballos de plástica que logo venden no mercadillo para recaudar fondos para a CRUZ VERMELLA.

      Tamén colaboran outros centros e asociacións da zona e pode ser visitado polo público en xeral.

      Os traballos do colexio foron moi variados e creativos.











































O APALPADOR

  Na derradeira semana antes das vacacións de Nadal, tivemos a visita de residentes de DOMUSVI que viñeron contarnos  e dramatizar o libro ANTÓN E O APALPADOR. 
  Os nenos e nenas estiveron moi atentos á historia. Ao rematar,  saudaron aos maiores,que estaban encantados.












30/11/19

PRESENTACION SEMANA STEM

       O alumnado de 5º de primaria, que participou na SEMANA STEM, realizou na biblioteca do centro, unha presentación das actividades que levaron a cabo durante a súa estancia nos Peares.Faláronnos de catro obradoiros:

       -PEGADA ECOLÓXICA
       -MICRO-BITS
       -ROBÓTICA
       -MAKEYMAKEY

      Os seus compañeiros de primaria seguiron con moito interese as súas explicacións . Ademais realizaron un experimento en directo comparando a contaminación das fábricas  coa contaminación dos seres vivos. 


































29/11/19

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

pintamos as uñas de cores from bibliocovas on Vimeo.

       Despois de ler e traballar nas aulas co libro   "Que vivan las uñas de colores" de Luis Amavisca e Alicia Acosta, todo o alumnado e profesorado pintamos as uñas de cores . 

     Con esta actividade queremos concienciar aos nenos e nenas da aceptación dos outros, a diversidade de gustos, eliminar os estereotipios de xénero, a libertade, tomar conciencia da propia identidade e a diferencia.


19/11/19

O PAÍS DOS MANDÓNS ( Teatro Ghazafelhos)

     O País dos Mandóns foi a obra escollida polas ANPAS dos colexios de Celeiro, Landro e Covas para seguir afondando no tema da igualdade.
      Fomos todos o cole e pasámolo xenial.












17/11/19

MARES DE CULTURA

http://maresdecultura.es/caderno-de-bitacora/

“MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR” 

da man de O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal,

           A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é unha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.
          O principal obxectivo é achegar ás novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal.       

             Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
        Nesta quinta edición 2019, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.