08/02/22

 Tanxupictogramas

Que bo momento está vivindo a música e a cultura galega!!!

Nesta ocasión os EDLG dos CEIP Plurilingüe Anxo da Garda da Coruña, o CEIP Plurilingüe O Mosteirón de Sada e o CPI Cruz do Sar de Bergondo achégannos a canción Terra de Tanxugueiras en pictogramas para que todo o mundo poida acceder a ela.

Grazas!!!


 

01/02/22

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL

 Hoxe o alumnado de 1º e 2º curso de E.P., participaron nun obradoiro de narración oral, da man de Carmen Conde. A través do xogo, ensinou aos nenos e nenas a contar o que quixeron inventar. Traballaron así a expresión oral, o maxín, o discurso propio, a creación de mundos e algo fundamental: a escoita.

Canta imaxinación teñen os nosos alumnos/as!!!! 😍😍😍😍







31/01/22

 DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro, celebramos no cole o "Día da paz".  

Dende o EDLG do centro, propuxemos a actividade: “Lazos pola paz”. Partindo da lectura do conto: “O lapis máxico de Malala”, escribimos mensaxes de paz en galego nuns lazos brancos e pedimos tamén a colaboración de toda a comunidade educativa para que escribiran os seus desexos de paz e colgalos despois todos na porta da entrada.

Dende a biblioteca do centro, propuxeron elaborar un arco da vella con froitas e verduras, partindo da lectura dos libros: “Elmer e o arco da vella” e “A mellor sopa do mundo”.

Grazas a toda a comunidade educativa por participar nesta actividade!!!!









 

 

20/01/22

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

 A nosa biblio foi seleccionada para o programa "Lectura e familias". As lecturas en familia levaranse a cabo unha semana ao mes de martes a venres en horario de tarde, de catro a seis. Arrincamos este mes coas "Lectura para a Paz e a non violencia" Bravo por esas familias lectoras!!!

11/01/22

 MERCADO DE NADAL

O último día do primeiro trimestre (21/12/2021), celebramos o noso Mercado de Nadal "Covasmola". Para iso, basámonos no noso PDI Covasmola no que traballamos a alimentación saudable, a sustentabilidade e a mobilidade.

Ao longo do mes de decembro, o alumnado foi gañando a moeda especial "Covasmola" seguindo os tres eixes do proxecto e podían mercar diferentes obxectos: libros do espurgo da biblio, marcapáxinas, pulseiras, lápices, tatoos, farois e chapas.

Pasámolo xenial!!!! 🎄😍😍😍


















Tamén recibimos a visita dos Reis Magos e entregamos as nosas cartas.



E, por suposto, cantamos e bailamos:




MAXIA

A piques de chegar as vacacións do Nadal, o día 17 de decembro, tivemos no cole a actuación de maxia de Kiko Carrolo, unha actividade organizada pola ANPA.

Moitas gracias!!!!! 👏👏👏