31/01/22

 DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro, celebramos no cole o "Día da paz".  

Dende o EDLG do centro, propuxemos a actividade: “Lazos pola paz”. Partindo da lectura do conto: “O lapis máxico de Malala”, escribimos mensaxes de paz en galego nuns lazos brancos e pedimos tamén a colaboración de toda a comunidade educativa para que escribiran os seus desexos de paz e colgalos despois todos na porta da entrada.

Dende a biblioteca do centro, propuxeron elaborar un arco da vella con froitas e verduras, partindo da lectura dos libros: “Elmer e o arco da vella” e “A mellor sopa do mundo”.

Grazas a toda a comunidade educativa por participar nesta actividade!!!!









 

 

Ningún comentario: