11/01/22

 MERCADO DE NADAL

O último día do primeiro trimestre (21/12/2021), celebramos o noso Mercado de Nadal "Covasmola". Para iso, basámonos no noso PDI Covasmola no que traballamos a alimentación saudable, a sustentabilidade e a mobilidade.

Ao longo do mes de decembro, o alumnado foi gañando a moeda especial "Covasmola" seguindo os tres eixes do proxecto e podían mercar diferentes obxectos: libros do espurgo da biblio, marcapáxinas, pulseiras, lápices, tatoos, farois e chapas.

Pasámolo xenial!!!! 🎄😍😍😍


















Tamén recibimos a visita dos Reis Magos e entregamos as nosas cartas.



E, por suposto, cantamos e bailamos:




Ningún comentario: