O alumnado de 5° de Primaria, visitou este martes o supermercado Eroski para aprender a facer unha compra responsable e calcular o prezo dos productos.
Primeiro buscaron e compararon prezos e cantidades dos envases, fixeron a compra dun almorzo saudable, con todo o necesario: froita, lácteos e cereais, incluíndo na compra algún producto galego mínimo, e calculando o importe do q tiñan q pagar. Na caixa explicáronlles a necesidade de levar a bolsa reutilizable, e como comproban o diñeiro para detectar billetes falsos. Tamén realizaron unha actividade na q tiñan q calcular o importe e o cambio despois de mercar varias unidades de productos coa oferta da segunda unidade ao 50%.
Practicando nun contexto real, apréndese moito mellor!!! Gracias supermercado Eroski!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario