Durante a semana do libro, fixemos no cole diferentes actividades:
- O alumnado das aulas de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, gravaron un vídeo de teatro de sombras contando un conto pola inclusión. O martes 23 proxectouse nas aulas do centro para compartilo con todo o alumnado. 😍😍😍
- O alumnado de infantil deseñou as portadas dos seus libros favoritos:
- O alumnado de terceiro de primaria, fixo un "Bookflix" contando os seus libros favoritos cun pequeno resumo e expuxérono ao resto dos compañeiros/as da aula:
E, por suposto, limos moito no cole, como facemos durante todo o curso! 📕📗📘📙📖📚
Ningún comentario:
Publicar un comentario