Durante este curso seguimos traballando no PDI:
co obxectivo de fomentar no alumnado e en toda a comunidade educativa un estilo de vida saudable e o coidado do medio ambiente.
Para o traballo da Microrrede foi Lolo, a mascota da biblioteca, o encargado de pedir a colaboración das familias do centro para elaborar o:
LIBRO DE RECEITAS DE LOLO
As familias tamén enviaron vídeos curtos da elaboración das mesmas.
PREME NA IMAXE DE LOLO PARA VER O VÍDEO
Neste proxecto multidisciplinar implementamos actividades de coidado do corpo, a través da Educación física tanto no cole como na casa, e da alimentación ( sobre todo na dos recreos).
O profesorado participou nun PFPP sobre "Hábitos saudables" recollendo
moita información sobre a alimentación saudable, sostible, a loita
contra o cambio climático e o xeito de traballar para implementala no centro.
Na área de Educación Física traballouse no proxecto nacional
un proxecto anual que co fin de acadar kilómetros simbólicos coa práctica de actividade física, da alimentación saudable, da lectura e do desenvolvemento sostible, o alumnado de 5º e 6º de primaria percorrerá todas e cada unha das provincias nas que se divide a xeografía española incluíndo os arquipélagos e as dúas cidades autónomas que a completan.
En resumo, intentamos promover o fomento dun estilo de vida saudable coa actividade física, a alimentación saudable e sostible reducindo o impacto medioambiental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario