O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca en colaboración co Equipo de dinamización da Biblioteca. Este día Lolo, a nosa mascota, apareceu no escenario e todos os alumnos/as déronlle a benvida. Tamén saiu Brais o neno que o creou cando estaba en 1º de Educación Primaria (agora está en 5ª).
Lolo agradeceu o esforzo dos nenos e nenas polos traballos presentados na actividade "Que é para ti ler?" e presentou o conto que dramatizaron profesores/as do colexio "Corre, corre cabaciña".
Pasamos un día estupendo!
Que é para ti ler?.
Ningún comentario:
Publicar un comentario