O día 31 de outubro celebramos O Samaín, festividade relacionada cos defuntos e según a tradición coa colleita e o outono. No centro mesturamos esta celebración co Halloween. Fixemos unha exposición de cabazas, pantasmas, morcegos... feitos polos nenos e nenas nos que lles pediamos que escribiran a que tiñan medo ( " OS NOSOS MEDOS" ).
Polo patio apareceron dúas bruxas (Mandarina e Berenxena) que axudaron a que todos os nenos e nenas do cole queimaran os seus medos nun gran caldeiro.
Para rematar a festa os nenos/as e mestres con disfraces terroríficos bailamos a canción This is Halloween.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario