O martes día 4 celebramos no centro o II Día da Arte Galega na Escola homenaxeando a Luis Seoane. Esta edición está adicada á escultura e os nenos e nenas do colexio, coa axuda de dúas estudiantes de Bellas Artes e exercendo de monitores os alumnos/as de 6º de primaria, fixeron esculturas con grandes doses de creatividade e orixinalidade.
Tamén temos unha exposición de obras escultóricas de artistas da zona: Otero Regal, Hortensio, Abraham Corujo... e de obxectos de cerámica de Sargadelos, Buño, Gundivós, Burelarte e Otero Regal.
O mércores día 5 visitou o colexio o artista Otero Regal para dar unha charla sobre o seu traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario