O mércores 24 celebramos o Día da Biblioteca.Mestras e mesteres do centro escenificaron unha adaptación do conto Mariluz avestruz.
Unha historia na que a colaboración dos animais é fundamental para axudar a Mariluz e a súa imprudencia.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos ao que acontecía no escenario e gustoulles moito.
Que mellor maneira de conmemorar este día que facendo teatro na biblioteca
Aquí están as fotos.
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
30/10/18
O POETA XOÁN NEIRA CON NÓS
Para conmemorar o Día da Biblioteca recibimos ao poeta XOÁN NEIRA LÓPEZ que nos presentou o seu último libro GAIOLA ABERTA, unha escolma de poemas das súas anteriores obras.Tamén fixemos un obradoiro de pre-escrita de poesía. Aprendimos a facer Palíndromos, Anagramas, Acrósticos... e regalounos uns preciosos Caligramas para a biblioteca.
Algúns dos nosos alumnos e alumnas deleitaronnos coa lectura de poemas do seu libro.
Moito disfrutamos coa súa poesía e a súa visita!
16/10/18
MAGOSTO-DÍA DO PÉON
O vindeiro 12 de novembro ( se o tempo o permite ) celebraremos o Magosto.Asaremos e degustaremos castañas, participaremos en xogos populares, bailaremos os nosos peóns,... e disfrutaremos un montón.
15/10/18
SAMAÍN-HALLOWEEN
O día 31 de outubro e o 2 de novembro celebraremos o Samaín e Halloween. Teremos: comidas terroríficas, un Escape Room e elaboración de colares de zonchos.
Preparádevos para pasalo... "de medo".
Preparádevos para pasalo... "de medo".
08/06/18
DÍA DA ARTE GALEGA

O día 1 de xuño celebramos o Día da Arte Galega na Escola.
Este ano e co título de "FACEMOS ARTE CO LIXO" os nenos e nenas crearon esculturas con materiais de refugallo.
Esta actividade está dentro do noso proxecto monográfico da biblioteca "Aprender a pensar na biblioteca de Covas" e o alumnado do centro agrupados en equipos verticais e co alumnado de 6º e 5º de primaria como monitores, traballaron durante dúas sesións para realizar estas estupendas obras artísticas, demostrando unha vez máis que creatividade non lles falta.
DÍA DA ARTE GALEGA from María Rolle on Vimeo.
ESPERTA O MAIO
Este ano o proxecto de Voz Natura ten como título "Espertando o Maio" e ten como obxectivos:-Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
-Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
-Os Maios en Viveiro.
-Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
-Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
En marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios. A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas... Preparamos e ensaiamos as cantigas dos maios de Viveiro que cantamos o día do desfile polo pobo. Fixemos murais, cadros e outras manualidades para a exposición conxunta dos catro centros que colaboramos neste proxecto: EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP de Celeiro e o noso colexio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






