08/06/18

ESPERTA O MAIO

Este ano o proxecto de Voz Natura ten como título "Espertando o Maio" e ten como obxectivos:
 -Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
 -Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
 -Os Maios en Viveiro.
-Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
-Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
 En marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios. A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas... Preparamos e ensaiamos as cantigas dos maios de Viveiro que cantamos o día do desfile polo pobo. Fixemos murais, cadros e outras manualidades para a exposición conxunta dos catro centros que colaboramos neste proxecto: EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP de Celeiro e o noso colexio.


Ningún comentario: