Despedimos o segundo trimestre cunha ruta pola contorna onde participou toda a comunidade educativa: alumnado, familias e mestr@s. Qué ben o pasamos!
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
07/04/26
04/03/26
DÍA DE ROSALÍA - 3º PRIMARIA
No marco da celebración do Día de Rosalía, presentamos o proxecto realizado polo alumnado de 3º de Educación Primaria.
Para levar a cabo este traballo, os nenos e nenas realizaron previamente unha pequena investigación sobre quen era Rosalía de Castro e cales son algunhas das súas obras máis importantes. A partir desta información, elaboraron diferentes producións nas que recolleron os datos máis relevantes e ilustraron as súas obras, achegándose así á figura da autora.
Ademais, tamén afondaron nun dos elementos máis simbólicos: o caldo de gloria, receita tradicional galega inspirada nun dos seus poemas.
Noraboa chic@s e profe por este traballazo!
02/03/26
Podcast intercentros: PETISCOS DE GALICIA
O proxecto Petiscos de Galicia deu comezo! Trátase dun podcast intercentros sobre a gastronomía galega no que participou o alumnado de 4º de Educación Primaria, investigando e traballando sobre receitas tradicionais de distintas zonas de Galicia.
No noso caso, decidimos escoller como receita da nosa contorna o pan dos Apóstolos, un doce tradicional moi ligado á Semana Santa de Viveiro. O alumnado investigou sobre a súa orixe, os ingredientes necesarios para a súa elaboración e a importancia desta receita dentro da nosa tradición gastronómica. A partir desta investigación, prepararon e gravaron o seu propio podcast en galego, compartindo todo o aprendido.
Este proxecto permitiunos traballar a expresión oral, a investigación e o coñecemento da nosa cultura e tradicións gastronómicas, ao mesmo tempo que colaboramos con outros centros educativos.
Moi pronto poderemos escoitar o resultado final deste podcast colaborativo, no que participan diferentes centros, e tamén coñecer a versión escrita das receitas nun libro conxunto creado entre todos os participantes do proxecto. Unha maneira moi saborosa de aprender e compartir cultura galega!
LIGAZÓN AO PODCAST: https://go.ivoox.com/rf/169330444
24/02/26
Día de Rosalía
Hoxe, 24 de febreiro, celebramos no noso centro o Día de Rosalía.
O produto final desta conmemoración é a exposición titulada Os fios de Rosalía, unha composición visual elaborada coas achegas dos distintos cursos de Educación Infantil e Primaria.
O alumnado de Educación Infantil encargouse de crear, de maneira creativa, as letras do nome de Rosalía de Castro, a bandeira de Galicia e unha selección das palabras máis empregadas pola autora.
Pola súa banda, o alumnado de Educación Primaria realizou pequenas investigacións en equipo sobre diferentes aspectos: quen foi Rosalía, Rosalía e os dereitos das mulleres, a importancia da escritora para a lingua galega, así como os temas máis tratados e as súas obras máis relevantes.
Ao longo do día de hoxe, por quendas, cada clase foi colocando a súa achega ata completar o produto final, que permanecerá exposto no centro durante todo o curso.
23/02/26
Saída 2º ciclo
Hoxe luns 23 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizou unha saída didáctica á Coruña, na que puido gozar dunha xornada moi completa e enriquecedora.
En primeiro lugar visitamos o Planetario, onde @s pequen@s visualizaron a película en galego Polaris, coa que aprenderon contidos relacionados cos planetas, as galaxias e o universo. A continuación asistimos a unha charla explicativa e tamén tivemos tempo para percorrer e desfrutar das distintas estancias do centro. Despois fixemos un pequeno picnic no parque de Santa Margarida, situado ao carón do planetario.
A mediodía desprazámonos á Domus, onde o alumnado explorou libremente as diferentes salas antes de almorzar no seu comedor. Finalmente, a xornada rematou cunha visita á exposición da Fundación MOP de Anne Leibovitz, na que puidemos gozar tanto da mostra como dun interesante obradoiro sobre fotografía e expresión.
Foi unha experiencia incríble!
14/02/26
ENTROIDO 2026
O venres 13 de febreiro viron a luz os nosos disfraces de Entroido no Covasmola, froito do traballo realizado nos distintos talleres multinivel. Este ano a temática xirou arredor dos Seres Covasmola, dando lugar a seis grupos moi creativos: mariñeiros, buzos, carangrexos, turistas, patos e anciáns.
Todos os disfraces foron elaborados empregando material de refugallo, sostible e reutilizado, apostando así polo coidado do medio, un dos nosos valores fundamentais.


.jpg)






.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
