24/02/26

Día de Rosalía

Hoxe, 24 de febreiro, celebramos no noso centro o Día de Rosalía.

O produto final desta conmemoración é a exposición titulada Os fios de Rosalía, unha composición visual elaborada coas achegas dos distintos cursos de Educación Infantil e Primaria. 

O alumnado de Educación Infantil encargouse de crear, de maneira creativa, as letras do nome de Rosalía de Castro, a bandeira de Galicia e unha selección das palabras máis empregadas pola autora.

Pola súa banda, o alumnado de Educación Primaria realizou pequenas investigacións en equipo sobre diferentes aspectos: quen foi Rosalía, Rosalía e os dereitos das mulleres, a importancia da escritora para a lingua galega, así como os temas máis tratados e as súas obras máis relevantes.

Ao longo do día de hoxe, por quendas, cada clase foi colocando a súa achega ata completar o produto final, que permanecerá exposto no centro durante todo o curso. 

















Ningún comentario: