O pasado venres, recibimos na nosa biblioteca, a visita das familias de infantil, 1º e 2º de primaria, para desfrutar dunha mañá de xogos xunto cos seus peques da man de Chafarís.
Foi unha xornada chea de xogos e aprendizaxes!!!
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
O pasado venres, recibimos na nosa biblioteca, a visita das familias de infantil, 1º e 2º de primaria, para desfrutar dunha mañá de xogos xunto cos seus peques da man de Chafarís.
Foi unha xornada chea de xogos e aprendizaxes!!!
Este xoves recibimos a visita de Colonias Rueiras de Viveiro, coa actividade "Coñecendo o gato comunitario". As coidadoras dos gatiños da rúa, contáronnos o seu traballo e o que debemos de facer se atopamos un destes gatos na rúa.
Grazas polo voso traballo!!! 🐈🐈🐈
Este mércores, as aulas de 5º e 6º de Primaria, participaron na "Xornada da Educación física ra rúa" que tivo lugar en Ribadeo, xunto con outros 17 centros educativos da Mariña. Xuntos practicaron diversas probas de atletismo, balonmán, baloncesto, judo, bádminton, remo, tenis, rugby, skate, golf,...
Qué importante é o deporte e sempre mellor en equipo!!! 🎾🏀🏃🏈💪
Dentro da nosa Biblio Creativa, contamos cun taller moi especial para o alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria da man de Trazosclass de Redondela! A través da personaxe de Ratatuille adentrámonos no mundo da creatividade e elaboramos uns menús cheos de imaxinación!!!! 🍴🍵🍲🍳
Para conmemorar o Día do Pobo Xitano, no contexto lingüístico de 1º e 2º traballaron o conto "Alma" e fixeron unha entrevista coma se fixeran as preguntas e posibles respostas da protagonista do conto.
Tamén tivemos un ratiño de baile e cante! 💃😍
O alumnado de 5° de Primaria, visitou este martes o supermercado Eroski para aprender a facer unha compra responsable e calcular o prezo dos productos.
Primeiro buscaron e compararon prezos e cantidades dos envases, fixeron a compra dun almorzo saudable, con todo o necesario: froita, lácteos e cereais, incluíndo na compra algún producto galego mínimo, e calculando o importe do q tiñan q pagar. Na caixa explicáronlles a necesidade de levar a bolsa reutilizable, e como comproban o diñeiro para detectar billetes falsos. Tamén realizaron unha actividade na q tiñan q calcular o importe e o cambio despois de mercar varias unidades de productos coa oferta da segunda unidade ao 50%.
Practicando nun contexto real, apréndese moito mellor!!! Gracias supermercado Eroski!!!