Hoxe, o alumnado de 6º de primaria, participaron no Día da Educación Física na Rúa en San Cibrao, actividade organizada polo Seminario de Educación Física da Mariña, no que participaron 13 centros e e uns 400 escolares. Practicaron diferentes "Xogos urbáns" e pasárono xenial 👏
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
03/05/23
02/05/23
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Hoxe celebramos o "Día internacional contra o acoso escolar" e o alumnado de 5º entrevistou na Radio Covas a Andrea Bechlian, especialista en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional.
23/04/23
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
A QUE SABE A LÚA?
Hoxe celebramos o día do libro cun conto feito na mesa de luz polas profes de AL (Ruth) e PT (Eva) e o seu alumnado, que nos fala do traballo en equipo, dos soños e a superación.
Poderemos chegar á lúa??? 🌙
20/04/23
MES DO LIBRO: LECTURA E FAMILIAS COA ACTRIZ MARÍA TORRES
Dentro do programa "Lectura e familias", tivemos un obradoiro coa actriz María Torres: "A narración desde o teatro de movemento", para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e as súas familias.
14/04/23
BIOFILIA COVASMOLA 2.0
Enmarcado no PDI do centro, pechamos o segundo trimestre cunha actividade sobre a Biofilia, que é a acción positiva da natureza sobre a saúde, tanto mental coma física.
Para levar a cabo esta actividade, dividimos ao centro en catro grupos: o alumnado de Educación Infantil visitou unha horta e viron animais domésticos, 1º e 2º de Primaria foron á praia de Covas, 3º e 4º ao paseo fluvial do río Landro e 5º e 6º foron camiñando ao monte San Roque.
Nestas saídas fixeron fotos do contacto coa natureza e posteriormente fixeron un traballo nas aulas:
En Educación Infantil fixeron un cadro:
02/04/23
CARREIRA ENKI
Este venres tivemos no cole a Carreira Enki, unha carreira de obstáculos non competitiva para dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional.
"Corre por un mundo imperfecto!!!"














