Enmarcado no PDI do centro, pechamos o segundo trimestre cunha actividade sobre a Biofilia, que é a acción positiva da natureza sobre a saúde, tanto mental coma física.
Para levar a cabo esta actividade, dividimos ao centro en catro grupos: o alumnado de Educación Infantil visitou unha horta e viron animais domésticos, 1º e 2º de Primaria foron á praia de Covas, 3º e 4º ao paseo fluvial do río Landro e 5º e 6º foron camiñando ao monte San Roque.
Nestas saídas fixeron fotos do contacto coa natureza e posteriormente fixeron un traballo nas aulas:
En Educación Infantil fixeron un cadro:
En 1º e 2º elaboraron un scrapbook coas imaxes que tomaron na praia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario