A QUE SABE A LÚA?
Hoxe celebramos o día do libro cun conto feito na mesa de luz polas profes de AL (Ruth) e PT (Eva) e o seu alumnado, que nos fala do traballo en equipo, dos soños e a superación.
Poderemos chegar á lúa??? 🌙
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
Hoxe celebramos o día do libro cun conto feito na mesa de luz polas profes de AL (Ruth) e PT (Eva) e o seu alumnado, que nos fala do traballo en equipo, dos soños e a superación.
Poderemos chegar á lúa??? 🌙
Dentro do programa "Lectura e familias", tivemos un obradoiro coa actriz María Torres: "A narración desde o teatro de movemento", para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e as súas familias.
Enmarcado no PDI do centro, pechamos o segundo trimestre cunha actividade sobre a Biofilia, que é a acción positiva da natureza sobre a saúde, tanto mental coma física.
Para levar a cabo esta actividade, dividimos ao centro en catro grupos: o alumnado de Educación Infantil visitou unha horta e viron animais domésticos, 1º e 2º de Primaria foron á praia de Covas, 3º e 4º ao paseo fluvial do río Landro e 5º e 6º foron camiñando ao monte San Roque.
Nestas saídas fixeron fotos do contacto coa natureza e posteriormente fixeron un traballo nas aulas:
En Educación Infantil fixeron un cadro:
Este venres tivemos no cole a Carreira Enki, unha carreira de obstáculos non competitiva para dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional.
"Corre por un mundo imperfecto!!!"
Esta semana, o martes e mércores, levamos a cabo un taller de Educación Emocional para Primaria, dentro do Contrato Programa CP Inclúe (Emocióna-t) e seguindo a liña de traballo do Proxecto Documental Covasmola 2.0. Da man do Equipo Psicopedagóxico "La Ciudad Educativa", adentrámonos no mundo das emocións, identificando as emocións básicas, recoñecéndoas e aceptándoas, escoitamos as ideas e opinións dos demais e aprendemos técnicas de regulación emocional a través da relaxación.
Continuamos co ABN en infantil con outro obradoiro de Lectura e familias da man da coordinadora de infantil Raquel.
Agradecer ás familias a súa implicación! 😍😍😍