Dentro do programa Lectura e familias, deseñouse un obradoiro de estimulación da linguaxe oral impartido pola mestra de Audición e Linguaxe do centro: Ruth.
Primeiro tivo lugar unha parte máis teórica dirixida a pais e nais e, despois, un obradoiro práctico ao que se sumou todo o alumnado de infantil.
Para conmemorar a Semana da prensa, traballamos cos xornais nas aulas e no Contexto lingüístico onde, ademais, fixeron curuxas cos papeis dos xornais atrasados.
Para conmemorar o 8 de marzo, Día da muller, visitounos a pediatra Mercedes Rodicio para dar unha formación ao alumnado de 5º e 6º sobre hábitos saudables e alimentación.
Aprendimos un montón!!!
Tamén nas titorías e nos contextos lingüísticos conmemoramos este día con moitas actividades. Deixamos algúns exemplos:
- En infantil fixeron uns marcapáxinas con "Palabras bonitas para as mulleres que deixan pegada"
- No contexto lingüístico de primeiro ciclo traballaron o conto "Os petos de Loreto" e fixeron un mural gardando nos seus petos ás mulleres máis importantes da súa vida.
- Tamén prepararon un "PASEO DA FAMA", no que expuxeron murais sobre varias mulleres das que querían aprender máis e nos que se achegaba un código QR para visualizar vídeos feitos por eles/elas no Croma que ampliaban a información dos murais. Fixeron invitacións para todas as clases e todo o cole pasou a ver este magnífico "Paseo da fama". 😍
- Na titoría de segundo, fixeron un mural colaborativo que quedou así de bonito:
- No contexto lingüístico do segundo ciclo traballaron a figura de Rosalía de Castro e outras escritoras galegas actuais como herdeiras do seu legado, fixeron puzzles cosas súas figuras e traballaron as súas obras.
Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das nosas escritoras máis importantes: Rosalía de Castro. Para achegar esta gran figura da literatura galega ao alumnado, fixemos varias actividades:
- 6º de infantil e 2º de Primaria elaboraron uns murais seguindo a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) que consistía en recortar imaxes dun xornal/revista e escribir palabras en galego para eses debuxos. Podían elexir imaxes que tiveran que ver coas emocións, sentimentos ou cousas que están a acontecer no mundo e son importantes para o alumnado. Despois elaboraron unha colaxe co rostro de Rosalía de Castro, as imaxes e as palabras. Quedaron así de bonitos e expostos na cristaleira do cole! 😍😍
Nas titorías tamén traballaron a figura de Rosalía, coñeceron a súa vida e obra e fixeron moitas actividades.
O alumnado de 5º e 6º prepararon, no contexto lingüístico, o recitado dalgúns poemas de Rosalía de Castro: