08/03/23

8 M DÍA DA MULLER

Para conmemorar o 8 de marzo, Día da muller, visitounos a pediatra Mercedes Rodicio para dar unha formación ao alumnado de 5º e 6º sobre hábitos saudables e alimentación. 

Aprendimos un montón!!! 

 

Tamén nas titorías e nos contextos lingüísticos conmemoramos este día con moitas actividades. Deixamos algúns exemplos:

- En infantil fixeron uns marcapáxinas con "Palabras bonitas para as mulleres que deixan pegada"




- No contexto lingüístico de primeiro ciclo traballaron o conto "Os petos de Loreto" e fixeron un mural gardando nos seus petos ás mulleres máis importantes da súa vida.


- Tamén prepararon un "PASEO DA FAMA", no que expuxeron murais sobre varias mulleres das que querían aprender máis e nos que se achegaba un código QR para visualizar vídeos feitos por eles/elas no Croma que ampliaban a información dos murais. Fixeron invitacións para todas as clases e todo o cole pasou a ver este magnífico "Paseo da fama". 😍




- Na titoría de segundo, fixeron un mural colaborativo que quedou así de bonito:



- No contexto lingüístico do segundo ciclo traballaron a figura de Rosalía de Castro e outras escritoras galegas actuais como herdeiras do seu legado, fixeron puzzles cosas súas figuras e traballaron as súas obras.



Ningún comentario: