Hoxe, o alumnado de infantil, 1° e 2°, recibimos a visita do Apalpador e dos seus axudantes da residencia de maiores Domus VI. A través dun conto, coñecimos a súa historia e cantamos con eles a canción do Apalpador. Moitas gracias pola vosa visita!!!
BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
19/12/22
15/12/22
Mercadillo solidario Domus VI
Hoxe, o alumnado de sexto, visitou o mercadillo solidario de Domus VI. Aproveitando a visita, quixeron saber máis da súa vida na residencia, de cómo festexaban alí o Nadal, das actividades que facían, si seguían os partidos do mundial,... Coma b@s reporteir@s levaron o seu micro e gravaron a entrevista para a radio.
08/12/22
PREMIO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS 2022
PDI "COVASMOLA" PREMIO NACIONAL DE BUENAS PRÁCTICAS 2022
O noso PDI "COVASMOLA" acaba de acadar o Premio Nacional de Buenas Prácticas en centros educativos 2022 na categoría de Saúde Integral. 😍
05/12/22
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro, conmemórase o "Día internacional das persoas con discapacidade". Para conmemorar ese día, dende o Contexto Lingüístico o alumnado de 1º e 2º desfrutou un montón co programa “Dálle ao Pico” onde Lolo, a mascota da biblioteca, entrevistou aos nenos e nenas sobre a diversidade funcional. Con esta entrevista descubrimos que o mundo está cheo de persoas, animais e cousas,...que non hai ningunha igual e que todas as diferenzas fan que cada persoa sexa única. 💜💜💜
25/11/22
25 N
25N: Día Internacional da eliminación da violencia de xénero
Para conmemorar esta data, o alumnado de 5º e 6º, dentro das actividades do contexto lingüístico, fixeron un vídeo representando diferentes situacións onde a violencia de xénero aparece explícita. O vídeo foi proxectado en tódalas aulas do centro, co fin de concienciar ao noso alumnado da importancia de erradicar este tipo de situacións.
23/11/22
CHARLA SOGAMA
FORMACIÓN SOGAMA: O CONTEDOR MARRÓN
Este mércores, o alumnado de Primaria, recibiu unha pequena formación sobre a futura planta de biorresiduos de Cervo (Lugo). Baixo o lema “O Marrón, o contedor que da vida”, o obxectivo deste programa formativo foi avanzar á comunidade educativa os pormenores do contedor que poderán ver nas rúas e que se destinará únicamente a recoller a materia orgánica contida nos residuos municipais para propiciar a súa posterior transformación en compost. Tamén nos lembraron a importancia de aplicar na vida cotiá o principio das tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) tan presentes no noso proxecto educativo! 🔄






















