FORMACIÓN SOGAMA: O CONTEDOR MARRÓN
Este mércores, o alumnado de Primaria, recibiu unha pequena formación sobre a futura planta de biorresiduos de Cervo (Lugo). Baixo o lema “O Marrón, o contedor que da vida”, o obxectivo deste programa formativo foi avanzar á comunidade educativa os pormenores do contedor que poderán ver nas rúas e que se destinará únicamente a recoller a materia orgánica contida nos residuos municipais para propiciar a súa posterior transformación en compost. Tamén nos lembraron a importancia de aplicar na vida cotiá o principio das tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) tan presentes no noso proxecto educativo! 🔄
Ningún comentario:
Publicar un comentario