BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
09/06/22
DÍA DA ARTE GALEGA
Para conmemorar o Día da arte galega, decidimos pintar e decorar o muro exterior do cole con lemas e pictos sobre alimentación saudable, mobilidade e sustentabilidade.
Cando xa tiñamos case rematado, un chaparrón forte e traizoeiro estragou a pintura, pero pedimos axuda aos papás e mamás e todos xuntos e xuntas, rematamos o traballo.
Quedou precioso!!!!! 😍😍👏👏
27/05/22
MAIOS 2022 🌸🌹🌺🌼
Este curso, por fin, recuperamos a celebración conxunta con outros centros de Viveiro. Xa nos tardaba!!!!!
LECTURA E FAMILIAS DE MAIO
Analizamos, escollemos e creamos os libros. Logo publicitámolos e transformámonos neles!!!!!!
19/05/22
PATRULLA DA MOBILIDADE
Un día calquera no noso cole temos un montón de coches diante da cancela: coches mal aparcados, na rotonda, en zona amarela, na zona de bicis, de discapacitados...
Estamos moi concienciados coa seguridade vial e coa mobilidade sostible e pensamos que se pode vir ao cole doutras formas: andando, en bici, en patinete,... Por iso decidimos trasladarlle as nosas inquedanzas á alcaldesa e á policía local e poñer en marcha a "Patrulla da mobilidade" informando con "multas informativas" aos vehículos que infrinxen as normas: 🚗🚘. Ata saímos na prensa!!!! 👏👏👏
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e aproveitando que somos un cole "Genial", fixemos un Genially coa vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado deste ano. Participou todo o alumnado do cole, dende tres anos ata sexto: o alumnado de infantil, 1º e 2º, puxeron as súas voces para contar a vida do autor e ler algúns dos seus poemas e, os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º fixeron os seus propios Geniallys!!
Por outra banda, o alumnado de sexto tamén fixeron uns traballos plásticos sobre Florencio Delgado Gurriarán, baseándose na obra de Andy Warhol. Que artistas!!!! 😍😍😍
Dende a Radio Covas achégannos tres podcast de Florencio Delgado Gurriarán cós que concurriron ao concurso de Podcast convocado por Bibliotecas Escolares de Galicia.O primerio podcast é unha entrevista a Lucía Gómez Álvarez, autora de "Un legado infindo", libro con pictogramas sobre a vida e obra do homenaxeado.
Xogando, aprendimos un montón sobre este autor!!!!!
11/05/22
MICRORREDE DA MARIÑA 2022:
TECENDO CAMIÑOS
Este curso a Microrrede da Mariña leva por título: "A volta coas palabras". A obra que aportamos dende o noso cole leva por título: "Tecendo camiños": Con este cadro quixemos deixar testemuña das vivencias dos nosos avós e avoas que deberíamos manter neste presente tan tecnolóxico e sedentario, onde as pantallas lle gañan espazo ao lecer en contacto coa natureza e os coches gañan protagonismo nos desprazamentos, por moi curtos que sexan.
Cada debuxo do cadro, que son unhas zapatillas decoradas polo alumnado, leva un código QR cos vídeos dos nosos avós e avoas, contándonos as súas vivencias.
Canto temos que aprender deles e delas!!!! 😍👴👵
O martes 10 de maio, tocoulle a Bibliocovas facer unha actuación dentro da Exposición da Microrrede Plambe da Mariña: "A volta coas palabras".
O alumnado de 1º de Primaria, representaron a obra: "Non é unha caixa". Fixérono xenial!!! 👏👏👏