11/05/22

MICRORREDE DA MARIÑA 2022: 

 TECENDO CAMIÑOS

Este curso a Microrrede da Mariña leva por título: "A volta coas palabras". A obra que aportamos dende o noso cole leva por título: "Tecendo camiños": Con este cadro quixemos deixar testemuña das vivencias dos nosos avós e avoas que deberíamos manter neste presente tan tecnolóxico e sedentario, onde as pantallas lle gañan espazo ao lecer en contacto coa natureza e os coches gañan protagonismo nos desprazamentos, por moi curtos que sexan.

Cada debuxo do cadro, que son unhas zapatillas decoradas polo alumnado, leva un código QR cos vídeos dos nosos avós e avoas, contándonos as súas vivencias. 

Canto temos que aprender deles e delas!!!! 😍👴👵



O martes 10 de maio, tocoulle a Bibliocovas facer unha actuación dentro da Exposición da Microrrede Plambe da Mariña: "A volta coas palabras".

O alumnado de 1º de Primaria, representaron a obra: "Non é unha caixa". Fixérono xenial!!! 👏👏👏



Ningún comentario: