BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS
04/04/22
24/03/22
DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
O día 21 foi o día mundial da Síndrome de Down. Para acercar esta síndrome ao alumnado, o Concello de Viveiro coa colaboración de ASPANANE, proxectaron no teatro a película Valentina a historia dunha nena moi especial!!! 😍😍
O alumnado de 6º de infantil e 1º de Primaria foron a ver esta emotiva película en galego, nominada ao Goya de animación.
Gustoulles moito coñecer a Valentina!!!! 💗💗💗
08/03/22
8 M DÍA DA MULLER
Para conmemorar o Día da Muller, pedimos ao alumnado que enviaran fotos no campo: arando, coidando dos animais, recolectando,... Con todas elas, fixemos unha exposición na entrada do cole, coa intención de poñer en valor á Muller Rural, tan importante na nosa tradición galega e a alimentación sustentable.
Recibimos moitas fotos!!! 💜 💜💜💜💜
04/03/22
01/03/22
ENTROIDO 2022:
"MODA COVASMOLA"
O 25 de febreiro celebramos o Entroido no noso cole, disfrazados coa roupa que trouxemos da casa, seguindo a nosa premisa de reutilizar!! Fixemos un desfile de moda estupendo e, por fin, co público que máis nos gusta: as nosas familias!!! 👏👏👏




