DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
O día 21 foi o día mundial da Síndrome de Down. Para acercar esta síndrome ao alumnado, o Concello de Viveiro coa colaboración de ASPANANE, proxectaron no teatro a película Valentina a historia dunha nena moi especial!!! 😍😍
O alumnado de 6º de infantil e 1º de Primaria foron a ver esta emotiva película en galego, nominada ao Goya de animación.
Gustoulles moito coñecer a Valentina!!!! 💗💗💗
Ningún comentario:
Publicar un comentario