20/04/21

DÍA MUNDIAL DO LIBRO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 

 



    Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.

 

    Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

 
        "Tal vez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."
 

    Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas.

 

    As imaxes son unha colaboración de Cristina Novoa, a quen agradecemos as fotografías tomadas en Malta e na Ría de Aldán.

01/04/21

MES DOS LIBROS

 

    Comeza Abril, o mes dos libros ,no que conmemoramos dous eventos importantísimos: 

  •     O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL   (2 de abril) 

  •     e  O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR  (23 de abril)

                                                                       

       

 

  Este mes os nosos alumn@s, convertidos 

en booktubers durante el confinamento, serán

os que nos recomenden contos e libros que 

leron durante o mesmo.






l




DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA

 

 Celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga coa visita de Jaime Oroza.

    Jaime é  uin mestre de inglés xubilado, escritor, poeta e fotógrafo que vive en San Pedro (Viveiro). 

    Achegounos, a través das súas fotos, ás marabillas do Souto da Retorta, o Penedo do Galo, o Castelo, San Roque, a Silvarosa...  e ademais amosounos  impresionantes imaxes da natureza con cabalos, bolboretas, paxaros, cascadas, árbores autóctonos...

    Tampouco  faltaron as fotos dende o mar coas vistas ao Fuciño do Porco, praias de Sacido, Seiramar, a Illa da Gabeira... natureza en estado puro!

    Todo  regado pola música de acordeón do seu amigo Simón.

    E como non, escoitamos como recitaba os seus versos que teñen a  estrutura dos Haikus. A poesía de Jaime está ligada á natureza falándolle ao vento, aos paxaros... "Zoa o vento", " O canto do malvís"...

    Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrutaron con esta visita chea de poesía, natureza e música!

24/03/21

ACTIVIDADE INTERCENTROS T-LEMOS

 

 

    Como este curso, non podemos ir ás aulas do alumnado de infantil, os nenos e nenas de 4º de Primaria compartiron  este video cos eles e mais cos amig@s de infantil da EEI San Roque dentro da actividade intercentros T-LEMOS.

Leopoldo, un monstro moi pequeno.

09/03/21

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 



        Xa temos  o video no que podemos disfrutar dos traballos do alumnado  "chufando"(eloxiando) ás mulleres da súa familia. 
         Os nenos e nenas adicaron preciosas palabras  a esas mulleres tan especiais e importantes nas súas vidas, a modo de pequena homenaxe

 

02/03/21

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Dende a  Biblioteca do colexio organizouse a seguinte actividade para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER:


 TEMOS MOITO QUE CHUFAR ÁS NOSAS MULLERES

Esta vez tócanos a nós o cometido de CHUFAR ás mulleres da nosa familia. Escribímoslles cousas bonitas á nosa nai, avoa, bisavoa, tía, madriña... por que elas valen moito.

Sempre nos chufaron a nós (Que guap@ é o meu net@! É o máis estudios@!...)e imos facerlles unha homenaxe con eloxios para elas.


Ademais, na biblioteca hai  unha exposición de libros escritos/ilustrados por mulleres.