Celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga coa visita de Jaime Oroza.
Jaime é uin mestre de inglés xubilado, escritor, poeta e fotógrafo que vive en San Pedro (Viveiro).
Achegounos, a través das súas fotos, ás marabillas do Souto da Retorta, o Penedo do Galo, o Castelo, San Roque, a Silvarosa... e ademais amosounos impresionantes imaxes da natureza con cabalos, bolboretas, paxaros, cascadas, árbores autóctonos...
Tampouco faltaron as fotos dende o mar coas vistas ao Fuciño do Porco, praias de Sacido, Seiramar, a Illa da Gabeira... natureza en estado puro!
Todo regado pola música de acordeón do seu amigo Simón.
E como non, escoitamos como recitaba os seus versos que teñen a estrutura dos Haikus. A poesía de Jaime está ligada á natureza falándolle ao vento, aos paxaros... "Zoa o vento", " O canto do malvís"...
Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrutaron con esta visita chea de poesía, natureza e música!
Ningún comentario:
Publicar un comentario