17/11/19

CACHARELA NO COLE

       Héctor ( exalumno do centro) e Rodrigo da Asociación de Gaitas Cacharela  amosaronnos  instrumentos tradicionais .
       Os nenos e nenas aprenderon unha morea de cousas sobre as cunchas, pandeireta, tamboril, bombo e a gaita.
      Rodrigo fíxolles unha descrición de cada instrumento e ao final deleitaronnos cunha peza de música tradicional acompañados polo noso alumno de 6º de primaria, Anxo.

12/11/19

MAGOSTO- DÍA DO PEÓN

O día 11 celebramos o Magosto e máis o Día do peón.
A semana anterior realizamos obradoiros nos que os nosos alumnos prepararon, con material de refugallo, os recipientes para as castañas.
Como todos os anos, os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas  que nos asaron na panadería e Covas, agás unhas poucas que asou Leti nun bombo, de xeito tradicional.
Os alumnos e alumnas de 6º axudaron á hora de repartir e  pelar as castañas aos máis pequenos e, como non, exerceron de monitores nos xogos populares.Xogamos á corda, goma, chapas, zancos, rá, chave, peón, mariola, guiar o aro e pescamos castañas.
Tamén disfrutamos dunha exhibición de auténticos especialistas co peón e dunha exposición de peóns decorados.



11/11/19

SEMANA STEM


     16 nenos e nenas de 5º de primaria participaron na semana STEM (CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENIERÍA E MATEMÁTICAS) que tivo lugar en  Os Peares (Ourense).
  
   A Semana STEM forma parte do conxunto de accións da Estratexia para a educación dixital (Edudixital 2020) da Xunta. "O obxectivo é fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego, coñecementos necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro".
     Os alumnos/as aprenderon robótica, programación, ciencia, ecoloxía, efecto invernadoiro... disfrutaron  dun entorno fascinante  e viñeron cargados de experiencias vividas con compañeiros doutros colexios así como de novos amigos/as.









02/11/19

SAMAÍN- HALLOWEEN


samain19

    Celebramos o Samaín-Halloween cunha exposición de cabazas  decoradas polos  nenos e nenas do colexio.
    Estas cabazas serviron para iluminar os corredores e a entrada do colexio o día de Samaín-Halloween e crear un ambiente máis "tétrico".


   Preparamos unha " Habitación Terrorífica" donde tiñan que superar unha serie de probas de habilidade como: pasar polo túnel do terror, atopar cabazas, buscar bechos, poñer os nomes das partes do corpo ao esqueleto, bailar o baile de Halloween, preparar a pócema para desenfeitizar ao cole  e abrir o cofre do tesouro onde os esperaba... a cabeza de Daniel( o auxiliar de conversa).



27/10/19

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA





 Este ano tivemos unha actuación moi moi especial.

   Os nenos e nenas de 5 anos escenificaron a canción "UNHA VELLA TIÑA UN CAN" (Conto tradicional galego adaptado por Xosé Ramón Mariño Ferro).
     Á escea saíron unha morea de animais: porcos, burros, gatos, paxaros... e ata un lobo. E Por suposto non podía faltar unha avoa (neste caso dúas).
    Foi todo un espectáculo e o público pasouno de marabilla.

    Noraboa a estes pequenos actores e actrices!






 Ademais todos os nenos/as, profesorado e personal non docente foron agasallados cun marcapáxinas que levaba un debuxo referido ao proxecto deste curso "COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA".




14/10/19

DÍA DAS ESCRITORAS


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.


Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.


 
 
Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle
"Na comunide druídica achou a nena a vida que desexaba […] destacou pola súa intelixencia e sagacidade e polo seu amor e dedicación ao estudo".

A Asesoría de Bibliotecas Escolares anima a que toda a comunidade educativa colabore na ampliación desta lista, e con este fin lánzase unha proposta en Twitter: lembrar a todas as escritoras galegas que traballen estas temáticas nas súas obras. Para iso usaranse os cancelos #DíadasEscritorasgalegas #DíadelasEscritoras e #bescolaresgal para darlles visibilidade.

 
RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS