23/04/14

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día Mundial do libro e dos dereitos de autor cunha escenificación do conto musicado "OS TRES PORQUIÑOS" representado por catro mestras do centro.
Foi un espectáculo moi divertido no que os nenos e nenas estiveron moi atentos a todo o que pasaba na historia.
Tod@s o pasamos xenial.

06/04/14

KAMISHIBAI FEITO POLOS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 5º curso de Primaria adaptaron o conto "Non quero ser un polbo" e fixeron as ilustracións para contalo co Kamishibai. Un gran traballo!

21/03/14

SEMANA DA PRENSA- HERALDO DE VIVEIRO

Comezamos a Semana da Prensa no colexio coa visita de Juan Carlos Neira, director do xornal "El Heraldo de Vivero", o único xornal que se publica no noso concello. Asistimos as clases de 2º e 3º ciclo. Juan Carlos contounos moitas cousas relativas ao proceso de elaboración dos xornais: o papel empregado, as máquinas, tipos de xornais, de noticias e seccións... Relatounos anécdotas e as noticias máis importantes que publicou no Heraldo que dirixe: a aterraxe na praia de Covas de dous avións, a saída do Titanic en 1912, o descubremento dos restos do naufraxio do bergantín Palomo e a fragata Magdalena... Tamén nos falou do papel tan importante dos xornalistas á hora de coñecer o que acontece no mundo e que todos nós somos un pouco xornalistas porque contamos aos demais as cousas que pasan. Durante a semana pasada conmemoramos a Semana da Prensa. Os nenos e nenas de Infantil limos os xornais e elaboramos unha noticia. Tamén en 3º elaboramos noticias despois de ler os xornais. Na clase de plástica reciclamos xornais vellos e fixemos cadros, perrucas, gorros... Tivemos expostos na biblioteca os xornais do centro "O Charlatán de Covas" , exemplares do xornal "Heraldo de Vivero" , xornais deportivos, suplementos...

25/02/14

DÍA DE ROSALÍA

O luns 24 celebramos o Día de Rosalía. Nesta ocasión recitamos poemas que trataban sobre a alimentación, xa que é o tema monográfico deste curso (A que saben os libros?). "Has de cantar que che hei de dar zonchos", "Vamos bebendo"... son algúns dos poemas que recitaron os nenos e nenas do colexio. Tamén realizaron uns posters ilustrando as poesías desta gran autora. Un gran traballo e un gran recital poético.

14/02/14

ROSEIRA DO TEU MENCER POR ALBA Mª

Este é o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez adicou á súa filla Colorín. Alba Mª de 6º curso de primaria e gran afecionada á poesía adaptou e ilustrou quedando un gran traballo. Grazas Alba por compartilo con nós.

31/10/13

RECURSOS DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL

Na páxina web da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística temos unha morea de recursos, materiais por temáticas e propostas para diferentes áreas e para traballar as competencias.
Para acceder a eles,preme na imaxe. 

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_base.php