26/02/11

LOIS PEREIRO

O CEIP Condesa de Fenosa elaborou este estupendo traballo sobre LOIS PEREIRO (autor homenaxeado este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS).
Grazas

10/12/10

RECURSOS PARA O NADAL EN GALEGO

A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar:

1.- Postais elaboradas polo alumnado


Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 17 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.

Enderezo:
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/index.php

2.- Recursos para traballar nas aulas

Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.

Enderezo:

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php


Agardamos que este proxecto vos sexa de axuda e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos para compartir cos Equipos de Normalización e a comunidade educativa en xeral.
Saúdos normalizadores

12/11/10

MAGOSTO NO COLE

Hoxe pola mañá celebramos o Magosto no colexio. Os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas cada un e as nais da ANPA leváronas a asar á panadería e outras asáronse de maneira tradicional no colexio. Neste día tamén celebramos o Día do Peón e os de infantil colorearon peóns e os demais nenos e nenas decoraron os seus que quedaron moi bonitos. Despois do recreo houbo exhibicións de baile do peón por parte dalgúns nenos e nenas, incluso os de infantil tamén se atreveron a bailalos. Temos auténticos campións no cole.
Tamén decoramos espigas de millo e cabazas que están expostas na entrada do colexio.
Para rematar a festa comimos as castañas asadas e quentiñas que estaban ricas...ricas.


15/10/10

VISITOUNOS UN FERREIRO

O mércores 13 de outubro veu ata o colexio o ferreiro Telmo Cao para facer un obradoiro cos nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo de Primaria. Con el aprenderon a facer puntas despois de quentar o ferro no lume e darlle golpes co martelo ata conseguir a forma desexada. Todos os nenos e nenas ficheron o seu traballo.
Esta actividade completouse cunha exposición de paneis traídos por Mariña Patrimonio sobre " A industria do ferro na Mariña".