Hoxe pola mañá celebramos o
Magosto no colexio. Os nenos e nenas trouxeron unha presa de castañas cada un e as nais da ANPA leváronas a asar á panadería e outras asáronse de maneira tradicional no colexio. Neste día tamén celebramos o Día do Peón e os de infantil colorearon peóns e os demais nenos e nenas decoraron os seus que quedaron moi bonitos. Despois do recreo houbo exhibicións de baile do peón por parte dalgúns nenos e nenas, incluso os de infantil tamén se atreveron a bailalos. Temos auténticos campións no cole.
Tamén decoramos espigas de millo e cabazas que están expostas na entrada do colexio.
Para rematar a festa comimos as castañas asadas e quentiñas que estaban ricas...ricas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario