Amosando publicacións coa etiqueta celso_emilio_ferreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celso_emilio_ferreiro. Amosar todas as publicacións

04/02/13

DÍA DA PAZ

No acto celebrado o 30 de xaneiro con motivo do Día da Paz, os nenos e nenas coa música do poema "IRMAUS" de Celso Emilio Ferreiro depositaron material escolar no CONTENEDOR DE ILUSIÓN para a poboación máis deprimida de Nicaragua.








Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
                                                  (Celanova, 1912 - Vigo, 1979)


17/12/12

ACTO DO RECITADO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Tal como estaba previsto o día 12 de decembro as 12:00 horas e 12 minutos reunímonos todos os nenos/as, profesorado do cole e persoal non docente para que os nenos/as dende infantil ata 6º de primaria  recitaran o poema "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro.




05/12/12

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO






  Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.