Hoxe vivimos unha xornada moi especial no noso cole coa celebración do Magosto!
Comezamos o día cunha degustación de castañas asadas, que estivo acompañada de música e moitos bailes. Nesta parte da celebración participaron dúas mestras, catro alumn@s e un pai, que nos agasallaron coa súa música e contribuíron a crear un ambiente festivo e moi especial. Queremos agradecerlle a David a súa colaboración e xenerosidade, xa que cada ano nos acompaña nesta celebración.
Despois de coller forzas, chegou o momento de gozar dos xogos populares. O alumnado de Educación Infantil participou en tres propostas lúdicas e o de Educación Primaria puido desfrutar de seis xogos diferentes.
A profe Ruth elaborou unha historia social na que se anticipaban, de maneira visual, as diferentes actividades da xornada. Así mesmo, cada xogo contaba cunha explicación visual apoiada en pictogramas, seguindo a liña de traballo do programa Escolas Visuais. Deste xeito, facilitamos a comprensión das normas e o desenvolvemento das actividades, favorecendo a participación de todos e todas.
Por último, queremos expresar o noso agradecemento ao profe Brais pola organización e preparación dos xogos, á Panadería de Covas por asar as castañas un ano máis e colaborar con nós nesta celebración e a todo o profesorado do centro polo seu papel durante as diferentes actividades. Vaia equipo temos!
Foi unha xornada de música, xogos, convivencia e tradición, na que gozamos dunha das celebracións máis fermosas do outono galego...Viva o Magosto e vivan as nosas tradicións!
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario